SC Motorsport
A forza que move esta carreira
Carcross competindo ante o público no Autocross Santa Comba
36.ª edición · 2026

AutocrossSanta Comba

Terra, velocidade e unha afección que converte cada carreira nunha festa do motor.

26 · 09 · 2026 Santa Comba · A Coruña
Compra online | Entrada anticipada · 8,50 €+ gastos · Ata o 25/09 ás 09:00 · Despois, 10 € en taquilla
Descubrir a proba
Ver o cartel oficial
01Quero irInformación para público02Son pilotoDocumentación e xestións03Son prensaAcreditacións e zonas de medios04Quero colaborarVisibilidade para empresas
O arquivo do Autocross Santa Comba

35 EDICIÓNS.
UNHA HISTORIA.

Dende 1999, xeracións de pilotos deixaron a súa pegada no Circuito de Autocross de Santa Comba. Descubre os resultados, os récords e os nomes que escribiron a historia da nosa proba.

EXPLORAR A HISTORIA
Cartel oficial · 2026

A imaxe da 36.ª edición.

O 26 de setembro, Santa Comba volve vivir o autocross. Consulta o cartel completo coa data, a festa arredor do circuíto e todas as marcas que nos acompañan.

Cartel oficial do 36.º Autocross Santa Comba, o 26 de setembro de 2026, con pilotos, público e logotipos das entidades colaboradoras
Cartel íntegro · Preme para amplialo
Impacto previsto 2026

Unha proba que xa ten audiencia.

Un evento consolidado que reúne competición, territorio e unha comunidade moi activa dentro e fóra do circuíto.

+2.500persoas no eventoPúblico, equipos e organización
+4 Mvisualizacións combinadasParticipantes e prensa acreditada
+500 Knas canles propiasPrevisión en RRSS de SC Motorsport

Cifras previstas para a edición 2026; non constitúen unha garantía individual de resultados.

A proba

Un día de carreiras. Unha historia de 36 edicións.

O Autocross Santa Comba reúne turismos e carcross nun escenario de terra coñecido pola proximidade do público e a intensidade das súas carreiras.

SC Motorsport é a escudaría de Santa Comba que organiza a proba e traballa para impulsar o automobilismo, achegar a competición ao público e manter viva a tradición local do autocross.

  • Competición federada
  • Turismos e carcross
  • Organización de SC Motorsport
Abrir ubicación en Google Maps
Pelotón de carcross en Santa CombaTurismos competindo ante o público
Público seguindo a carreira en Santa Comba
Información para público

Vive a carreira desde primeira fila.

Consulta aquí os datos esenciais para preparar a túa visita. Os horarios definitivos e o dispositivo de accesos publicaranse antes da proba.

DataSábado, 26 de setembro de 2026
UbicaciónCircuito de Autocross de Santa Comba
EntradasOnline: 8,50 € + gastos ata o venres 25 ás 09:00 · Taquilla: 10 € · Menores de 12 anos: gratis
Accesos e públicoInformación detallada proximamente
SeguridadeRespecta as zonas habilitadas e as indicacións da organización
Pilotos e equipos

Todo o necesario antes de saír á pista.

Sportity é o acceso principal á documentación oficial. Debaixo atoparás as restantes xestións para pilotos e equipos.

Documentación oficial · Dispoñible
SPORTITYVista cliente

A documentación oficial, sempre a man.

Regulamento Particular, horarios, listas, comunicados e demais documentos do 36.º Autocross Santa Comba publícanse aquí. A vista actualízase automaticamente cada vez que a organización incorpora información nova.

Contrasinal do evento na appSANTACOMBA26Introduce este código en Sportity para gardar o evento e recibir avisos.
  • Acceso sen rexistro desde a web
  • Documentos dispoñibles tamén sen conexión na app
  • Notificacións cando se publique unha actualización
Abrir Sportity a pantalla completa
Vista cliente · Autocross Santa Comba 2026
Próximamente

Tempos online

Acceso directo aos tempos e resultados oficiais publicados pola FGA. Activarase cando a federación facilite o enlace.

Dispoñible

Factura de inscrición

Solicita a factura por correo cos datos fiscais e da inscrición xa preparados.

Solicitar factura

Información oficial: consulta a documentación en Sportity. Os tempos e resultados da FGA activaranse cando estean dispoñibles.

Prensa e medios

Unha mellor pista para contar a carreira.

Estamos a preparar un dispositivo específico para que fotógrafos, cámaras e medios acreditados poidan traballar con seguridade e obter imaxes de primeiro nivel.

Aberto

Acreditacións de prensa 2026

Solicita a túa acreditación para fotografía, vídeo, prensa, radio, televisión ou creación de contido. O envío do formulario non implica a concesión automática: cada solicitude será revisada segundo a cobertura proposta, o aforo e as condicións de seguridade.

Solicitar acreditación
Mapa do Circuito de Autocross de Santa Comba coas zonas de prensa acreditada ZP1, ZP2 e ZP3 en azul, as zonas de público en verde e as zonas restrinxidas en vermello Ampliar mapa
Mapa 2026 · Dispoñible

Zonas de prensa acreditada

Consulta as zonas ZP1, ZP2 e ZP3 habilitadas para os medios. O acceso ás áreas azuis require unha acreditación válida e o cumprimento das indicacións da organización e dos oficiais.

Abrir a tamaño completo

Seguridade primeiro: a acreditación non autoriza o acceso libre á pista. Os medios deberán permanecer nas zonas asignadas e seguir as indicacións dos oficiais.

SC Motorsport Experience

Do outro lado da vala.

Dúas formas de vivir un carcross desde dentro, con material competitivo e o apoio técnico de SC Motorsport.

LifeLive TN11 de SC Motorsport competindo en terra
Próximamente

Experiencias de condución

SC Motorsport conta con dous carcross de última xeración para cumprir o teu soño de probar un carcross en condicións controladas nun circuíto de primeiro nivel.

Yacar Yacarcross de SC Motorsport en competición
Próximamente

Aluguer de competición

Posibilidade de aluguer de carcross para eventos deportivos, incluíndo transporte e asistencia.

  • LifeLive TN11Todas as evolucións · Motor CP3 890 · Reiger 3 vías
  • Yacar YacarcrossMoi competitivo · Motor CP3 890 · Öhlins 2 vías
Tenda online · Merchandising
Próximamente

Estamos soldando as barras.

A tenda de SC Motorsport está en plena posta a punto. Estamos preparando gorras, camisetas, chaquetas e outras pezas para que a primeira colección saia á pista como merece.

Camisetas e chaquetas Gorras e accesorios
Avisaremos cando todo estea listo para abrir gas.
SCM / SHOPEN BOXES
SETUP 01Tenda onlinePrimeira colección en preparación
DeseñoEn proceso
ProduciónEn proceso
Saída a pistaProximamente
Canles oficiais

Web oficial: santacombamotorsport.es · Organización: SC Motorsport

Colaboradores 2026

A forza que move esta carreira.

Empresas que apostan polo Autocross Santa Comba e fan posible que a 36.ª edición siga medrando dentro e fóra da pista.

Logotipo de O Rubio MaquinariaO Rubio Maquinaria
Logotipo de Cervecería D'MaraCervecería D'Mara
Logotipo de Santa Comba PrefabricadosSanta Comba Prefabricados
Logotipo de AC AbogadosAC Abogados
Logotipo de Mantido Construcciones y Obra PúblicaMantido Construcciones y Obra Pública
Logotipo de Botica do XallasBotica do Xallas
Logotipo de Mármoles MartínezMármoles Martínez
Logotipo de As MaripepasAs Maripepas
Logotipo de Montajes Metálicos LaysanMontajes Metálicos Laysan
Logotipo de Fiber RecambiosFiber Recambios
Logotipo de STARK by AusavilSTARK by Ausavil
Logotipo de Automoción M. Gómez LemaAutomoción M. Gómez Lema
Logotipo de SerigaSeriga
Logotipo de Desbroces y Plantaciones CarrilloDesbroces y Plantaciones Carrillo
Logotipo de MobelportMobelport
Logotipo de SerliSerli
Logotipo de La PitusaLa Pitusa
Logotipo de FerrocarFerrocar
Logotipo de AV StudioAV Studio
Logotipo de Quentiño CateringQuentiño Catering
Logotipo de JR RentalJR Rental
Logotipo de ReyvaReyva
Logotipo de Peluquería RCPeluquería RC
Logotipo de Café-Bar CaprichoCafé-Bar Capricho
Logotipo de Galpro AlimentaciónGalpro Alimentación
Súmate á carreira

A túa marca tamén pode formar parte.

Modalidades pensadas para empresas locais, autónomos e marcas vinculadas ao motor.

Descargar dossier
Colaborador

Protector

600 €+ IVE

Presenza principal, 10 entradas e máxima visibilidade.

Colaborador

Principal

300 €+ IVE

Publicidade grande, 6 entradas e presenza en RRSS.

Colaborador

Destacado

200 €+ IVE

Publicidade destacada, 4 entradas e publicación dedicada.

Colaborador

Do evento

100 €+ IVE

Publicidade normal no cartel e 2 entradas.

Colaborador

Amigo do Autocross

50 €+ IVE

Publicidade pequena no cartel e 1 entrada.

Colaborador técnico

Empresas que achegan produtos, medios ou servizos necesarios para preparar e desenvolver a proba.

Doazón libre

Sen presenza publicitaria nin contraprestación. Expedirase certificado de doazón e non se aplicará IVE.

Se existe publicidade ou visibilidade de marca, emitirase factura co 21 % de IVE. A posible dedución fiscal dunha doazón dependerá do réxime aplicable.

Logotipo de SC Motorsport
Falamos?

Un correo. Unha proposta. E empezamos.

Contacto de organización, pilotos, prensa e colaboracións comerciais.